martes, 18 de marzo de 2008

Réquiem

Réquiem

Na oscuridade daquel martes noite, baixo a choiva dunha tormenta de verán calquera pechaban as tascas, e os últimos amigos da noite, bébedos, proseguían a súa marcha triunfal por rúas e portais, danzando coma quen move o seu corpo baixo o son dun vals vienés nunha festa de estrelas.

As últimas luces da noite mestúrabanse cun amencer forte tralos edificios máis altos da cidade, esperando paciente o réquiem inminente na marcha dos defuntos fantasmas de paso.

En cada esquina esperaban as “mulleres da rúa” mulleres perfumadas, a cara pintada de chamativas cores agochan as marcas do paso do tempo. A saia curta e camisas que non deixan traballo a imaxinación, e aqueles beizos vermellos esconden palabras de axuda e pranto.

Facíase a luz nas fiestras das casas máis próximas, e poucas horas máis tarde saían uniformados “homes de negocio”, maletín en mano, gravatas escuras e traxes de casa con nome de diseñador gravado no peto esquerdo, o carón duna pluma de prata nunca usada e unha carteira de coiro baleira e solitaria.

Camiñan coma soldados, todos a unha, mestúranse cos fantasmas no seu campo de batalla. En medio da cidade os dous bandos atópanse as caras, uns sorín, pobres inocentes, mentres que os soldados da pluma ollan para eles, marchan sen mirar, cruzan a rúa parando aos coches ao seu paso...

3 comentarios:

Boneca de trapo dijo...

E dentro dalgún dos locais das damiselas de fuertes pinturas...
Algunha delas camiñará... con altos tacóns... facendo que só se escoite o ruido de seu paso... e o das súas bágoas ó escorregar...

E lonxe de alí... lonxe moi lonxe...
algunha mociña inocente... que aínda non sabe o que é vivir... chorará... escondida trala súa manta de osiños... nunha habitación de bolboretas...

E lonxe... moi lonxe...
algún bebé estará a chorar a berridos... porque quere agarimos...

E lonxe... moi lonxe...
unha doce velliña... sentirase completamente soa... no seu fogar de lembranzas de sorrisos pasados...*


Paranoia... pasa de mín... non teño moita inspiración ultimamente...

Quérote =)


biQuiños de chocolate!!

Atte.
A boneQuiña

Boneca de trapo dijo...

Dende Madrid pasa Mara a comentar...
Estou algo aburrida de tanto estudar...
Que alguén me salve!!!
Bótasevos de menos inda que non o pareza ^^
Bueno... voume a estudar física u.u'
chaoooo
Quérote!


biQuiños!!

Atte.
A boneQuiña

Viceversa dijo...

¡Ohh!
Cada día abráiame máis o que escribes (: